Traballo na intersección entre Comunicación, Cultura e Arte.
Interésame o que perdura. Entendo a narración, a imaxe e o audiovisual non como meros soportes estéticos, se non como ferramentas de creación, preservación e transmisión de historias. Creo contidos duradeiros, que dan densidade e voz auténtica aos proxectos cos que colaboro. Nun contexto dominado pola inmediatez, o meu traballo ofrece unha pausa.
AMAR O QUE SE COÑECE.
Áreas de desenvolvemento de proxectos de comunicación e creación.
COMUNICAR
IDENTIDADE
Comunicación con relato, para empresas que basean o seu valor na orixe.
Realización de recursos audiovisuais, fotográficos e editoriais baseados na documentación dos ciclos produtivos, e os valores culturais, tradicionais, humanos.
Orientado a empresas e artesáns con productos de orixe ou baseados en valores tradicionais.
#Comunicación #Documental #Orixe #Tradición #Artesanía #Relato
DOCUMENTAR PATRIMONIO
Investigación etnográfica e posta en valor do patrimonio material e inmaterial.
Investigación e documentación por medios narrativos, etno-fotografía e creación artística, para publicacións documentais de carácter editorial e expositiva.
Deseñado para institucións e entidades comprometidas coa súa identidade e territorio.
#Etnografía #Editorial #Audiovisual #Documental #FormatosHibridos
PRODUCIR
CULTURA
Desenvolvemento integral de proxectos de creación e divulgación cultural.
Deseño e materialización de proxectos con valor cultural: Eventos, exposicións, creación de contido online e recursos transmedia, a partires de necesidades específicas.
Un servizo integral para proxectos de creación e promoción cultural a través de experiencias tanxibles.
#Producción #Integral #Proxectos #Cultura #Divulgación
COLABORACIÓNS
XUNTA DE GALICIA, DEPUTACIÓN DA CORUÑA, CONCELLO DA CORUÑA, MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS, FUNDACIÓN BARRIÉ, FUNDACIÓN LUIS SEOANE, FESTIVAL DE ORTIGUEIRA, CÁNTIGAS DA TERRA, A PEDREIRA, UXÍA, DAVIDE SALVADO, EDITORIAL CANELA, CONCOMITENTES, UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, ORQUESTA E CORO DA USC, GRUPO HISTAGRA, CISPAC, UNIVERSIDADE DA CORUÑA, CÁTEDRA EMALCSA, FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ENFERMIDADES RARAS, FEGEREC, PORTO DE CELEIRO, A CASA DA MEMORIA.