COMUNICACIÓN, IDENTIDADE E RELATO
Unha empresa ou artesán que basea o seu valor na orixe, na tradición ou nun oficio, non vende «personalidade«, desprende honestidade, traballo, valor humán, memoria que reside na ferramenta dun obradoiro, na paisaxe dun entorno rural, nas persoas que habitan os lugares, nos mitos e lendas dun territorio, símbolos de Cultura.
A diferencia entre estar e ser, entre deixarse ver e namorar, entre a creación de contidos e a creación dun relato, está na posta en valor do que é verdadeiramente importante.
A comunicación tamén pode ser unha artesanía. Son especialista na realización audiovisual, fotográfica e narrativa, na documentación dos ciclos produtivos, dos valores culturais, tradicionais e humanos. Escribo historias, retrato miradas, filmo maneiras de marcar a diferencia.
O resultado: A producción dun fondo de arquivo para comunicación, con material fotográfico, audiovisual e editorial ,que axudan a lexítimar unha identidade de marca polo seu valor intrínseco.
NOTA: Imaxes de ourives, medio rural,