Prezado, prezada:
Antes de nada, quero darche un saúdo persoal e un agrazadecemento pola túa adquisición desta copia do «Pandeireteiro«, que forma parte da serie Foliada. Esta obra consta de 100 copias na primeira edición, estampadas artesanalmente e con tintas ecolóxicas no taller de Amor ó Teu.
Sen maior demora, disfruta do novo sinxelo de Faróu, a Muiñeira do Porto.
Escoita a Muiñeira do Porto na túa plataforma favorita:
Ao mercar esta peza artística estás a participar dun novo xeito de adquirir música, un modelo con valor engadido fronte á ausencia dun formato físico universal e ao modelo de escasa retribución que impoñen as grandes plataformas musicais. Ao mercar música deste xeito, estás a favorecer que os artistas poidamos recuperar parte da inversión do noso traballo e esforzo, e que sigamos creando nova obra.