Inicio

IMAXE
E LEGADO

IMAXE E LEGADO

Creación con Denominación de Orixe

Creación con Denominación de Orixe

A miña producción combina memoria e innovación para construir narrativas que perduren, con densidade e voz honesta. Alén do estético, produzo imaxes que se son medio de transmisión de afectos e valores.

Nun contexto dominado pola inmediatez, traballar con relatos que trascenden o tempo.

EN CURSO

Foto-etnografía e Paisaxes na Península do Barbanza e a Ría de Arousa.

No Barbanza, colaboro coa Fundación Alcalde Varela nun proxecto de investigación sobre paisaxe natural e cultural, para producir un arquivo vivo do territorio.

#Fotografía #Paisaxe #Etnografía #Fine-Art #Galicia

LAB: A Nova Creación Autoral a partires da Música de Transmisión Oral.

En Ortigueira, en compañía da autora Ugia Pedreira e co Festival de Ortigueira, revitalizamos a creación músical popular, desde unha perspectiva contemporánea.

#Laboratorio #Música #Tradición #CantigasNovas #Ortigueira

Nova Aula de Fotografía e Procesos Alternativos.

En Ames, no taller de Amor Ó Teu, iniciamos unha aula de fotografía, arte e procesos alternativos, con laboratorio dispoñible para a comunidade.

#Fotografía #Formación #Cianotipia #Laboratorio #Estudio

CREACIÓN DE IMAXE

Coidar a singularidade.

Crearmos valor desde o arraigo, narrar desde a autenticidade que emerxe do decurso do tempo, da perseveranza no oficio, do diálogo constante nas relacións humanas e materiais, pero tamén da reactualización dos mitos e símbolos e da nosa visión de cultura e territorio.

SERVIZOS DE IMAXE E COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL

PATRIMONIO
VISUAL

Documentación gráfica e audiovisual de patrimonio material e inmaterial.

Producir un fondo documental de recursos fotográficos, audiovisuais e narrativos, concibidos con valor artístico e visión etnográfica.

#Etnografía #Editorial #Audiovisual #Documental #FormatosHibridos

Creación audiovisual para empresas e proxectos que basean o seu valor na orixe.

Decodificar os ciclos produtivos, os valores culturais e humanos, para crear un mapa simbólico e emocional e unha identidade visual de marca.

#Comunicación #Orixe #Relato #Identidade #Marca

ARTE E
CULTURA

Deseño e produción de proxectos artísticos e de divulgación cultural.

Deseñar e producir proxectos de Arte e Cultura. Deseño de publicacións editoriais, exposicións documentais ou espazos interpretativos online.

#Deseño #Integral #Proxectos #Cultura #Divulgación

A diferencia entre estar e ser, entre deixarse ver e namorar, entre a creación de contidos e a creación dun relato, está na posta en valor do que é verdadeiro.

CLIENTES E COLABORACIÓNS

XUNTA DE GALICIA, DEPUTACIÓN DA CORUÑA, CONCELLO DA CORUÑA, MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS, UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, UNIVERSIDADE DA CORUÑA, CISPAC, FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ENFERMEDADES RARAS, GRUPO HISTAGRA, FUNDACIÓN CARASSO, FUNDACIÓN LUIS SEOANE, FUNDACIÓN BARRIÉ, FUNDACIÓN ALCALDE VARELA, A CASA DA MEMORIA. EDITORIAL CANELA, FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA, CÁNTIGAS DA TERRA, A.C. XIRADELA, A PEDREIRA, UXÍA, FRANSY GONZÁLEZ, XURXO FERNÁNDES, PEDRO LAMAS, OS VIQUEIRAS.

Para propostas de colaboración, encargos e consultas sobre proxectos específicos, por favor contacte persoalmente.

· RRSS ·