Óscar Górriz | Autor Especializado en Arte e Cultura de Galicia
  • Inicio
  • EDITORIAL
    • BÓVEDA, A MEMORIA NO LUGAR
  • FOTOGRAFÍA
    • ARQUIVO – CAMPANHÂ. PT
    • DEUSES – PAISAXE GALEGA
    • RECORTES DO PORTO
  • MÚSICA
    • LAB DE CÁNTIGAS NOVAS
    • FARÒU
      • XOTA DE BÓVEDA
  • FILMES
    • ARREDOR DA RODA, DE CÁNTIGAS DA TERRA A MIRO CASABELLA
    • OUSC – Bottesini – Concerto en Si menor
    • BERENIK, FEAT. KATHARINA RONJA
  • OLLAR
  • CONTACTO
  • REDES
    • YOUTUBE
    • INSTAGRAM
    • BEHANCE

ARREDOR DA RODA, DE CÁNTIGAS DA TERRA A MIRO CASABELLA

Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella” é o título dun filme documental sobre a zanfona e as marxes deste instrumento desde a óptica dun dos pioneiros que en Galiza volveu tocar nos palcos e nos disco nos que traballou desde os anos setenta. Esta produción está promovida ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-22 da Xunta de Galicia. O filme está producido pola A.C Cántigas da Terra e está dirixido por Federico A. Rioboo Sinopse: A aula de zanfona de Escolas da Terra de Cántigas da Terra liderada por Miro Casabella (1946), inicia unha investigación sobre este máxico instrumento e a súa relación co Camiño de Santiago. Acompañado por dous alumnos aventaxados, Manuel Rioboo e Erea Estévez, Miro viaxa por toda Galicia na procura do organistrum, devanceiro da zanfona e presencia de honor no Pórtico da Gloria. Mesturando amizades con paisaxes, música de cego con clases maxistrais, os protagonistas completan un mosaico sobre a importancia deste instrumento, considerado por algúns intelectuais como a alma de Galicia.

FICHA TÉCNICA:
Xénero: Longametraxe documental
Duración: 60′
Produtora: A.C. Cántigas da Terra
Produtor executivo: Moncho Iglesias
Dirección e guión: F. A. Rioboo
Director de fotografía: Óscar Górriz
Xefe de son: Miguel Seixo
Director musical: Luís Bolón
Banda Sonora Orixinal: Miro Casabella, Gutier Álvarez, Iván Abal e Cántigas da Terra.
Asistente arquivo histórico e Arquiveiro de Cántigas da Terra: Moncho do Orzán
Asistente histórica, historiadora, Vicearquiveira de Cántigas da Terra: Laura Veleiro
Asistente lingüístico: Vicente Reboleiro

  • Inicio
  • EDITORIAL
    • BÓVEDA, A MEMORIA NO LUGAR
  • FOTOGRAFÍA
    • ARQUIVO – CAMPANHÂ. PT
    • DEUSES – PAISAXE GALEGA
    • RECORTES DO PORTO
  • MÚSICA
    • LAB DE CÁNTIGAS NOVAS
    • FARÒU
      • XOTA DE BÓVEDA
  • FILMES
    • ARREDOR DA RODA, DE CÁNTIGAS DA TERRA A MIRO CASABELLA
    • OUSC – Bottesini – Concerto en Si menor
    • BERENIK, FEAT. KATHARINA RONJA
  • OLLAR
  • CONTACTO
  • REDES
    • YOUTUBE
    • INSTAGRAM
    • BEHANCE
© ÓSCAR GÓRRIZ
Use arrows for navigation