Música de Cámara
OUSC – Bottesini – Concerto en Si menor
A amizade que cultivo co compositor e director Mario Diz baséase na afinidade artística, a simpatía persoal e un gusto especial pola implicación persoal e a entrega nas artes. Verdadeiramente estou feliz pola oporunidade de coñecer e colaborar con el desde hai tempo.
Hoxe preséntase este traballo que realicei para el e o seu proxecto na Orquestra e Coro da USC – o «Concerto en Si menor» de Bottesini, coa solista Dina Durán Rodríguez, concerto co que se inicia o proxecto X+MÚSICA. A adicación abnegada de Mario por este proxecto, a entrega e calidade do seu traballo cos músicos, prodúceme grande admiración.
A miña xente prezada colaborou neste proxecto: Kaze Maik gravando no son, e Manuel Silva de segundo cámara.