‘Bóveda, a memoria no lugar’ é unha obra que celebra a riqueza da cultura galega mediante material etnográfico, fotográfico e musical producido durante unha estancia artística na Casa da Memoria no Concello de Bóveda (Lugo).
A través de entrevistas, fotografías analóxicas e gravacións de audio, o autor mergúllase nas lembranzas das xentes das aldeas do concello de Bóveda, recollendo relatos de vida, costumes, mitos e lendas. A partir deste material prodúcese unha creación musical, compoñendo cántigas novas de estilo tradicional, para realizar unha aportación á música popular, desde unha rexión onde os cantares de transmisión oral esmoreceran antes da chegada das novas xeracións de recolledores/as de finais do século XX.
Este libro subliña a relevancia de conservar vivas as tradicións orais na era da Intelixencia Artificial, garantindo que o noso relato histórico colectivo permaneza accesible tanto en formato online como impreso. O proxecto é unha homenaxe ao patrimonio de Bóveda e de Galicia, un testemuño valioso que busca transmitir estas historias e saberes ás futuras xeracións, preservando así a esencia da nosa herdanza.
Esta publicación contén acceso mediante códigos QR a sons ambiente, conversas gravadas e músicas creadas polo autor, co fin de enriquecer e complementar a experiencia do lector.
Tamén pódese adquirir online, na Web de Editorial Canela ou en librerías.