Da Memoria á Vangarda: Investigación e Creación Cultural
O meu traballo recente céntrase en superar o paradigma da conservación para situar a tradición no punto de partida da creación contemporánea. A través da dirección de laboratorios artísticos e a producción editorial, exploro cómo o patrimonio inmaterial pode resignificarse para responder ás necesidades expresivas dunha sociedade que procura as súas raices, utilizando tanto metodoloxía etnográfica clásica como novos formatos transmedia.
Innovación Autoral
O Laboratorio de Cántigas Novas
Desde 2024 codirixo xunto á compositora Ugia Pedreira o Laboratorio de Cántigas Novas, un espazo de investigación artística integrado no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
Este proxecto vai alén da reprodución da música tradicional, propón un espazo de creación autoral. A nosa tese central é que a música de tradición oral debe seguir evolucionando. Traballamos para dotar os creadores e creadoras de ferramentas que lles permitan compoñer novas obras (letras e melodías) que, respectando a raíz, dialoguen coa contemporaneidade e outras estéticas globais.
Fitos do Proxecto:
Consolidación Académica: Tras o programa piloto de 2024, en 2025 e 2026 o Laboratorio establécese como un curso de especialización de 5 meses (marzo-xullo), combinando aulas creativas, exploración etnográfica e mestrías con referentes como Manolo Rico, Ramón Pinheiro, Mondra, Quique Peón, Dores Tembrás, Sergio de la Ossa, Pedro Pascual ou Alejandro Vargas.
Recoñecemento Institucional: O proxecto foi presentado oficialmente en 2025 no Museo do Pobo Galego, co apoio da Real Academia Galega (RAG) e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, situándose como un referente na innovación da música de raíz en Galicia.
Produción Artística: O resultado é esencialmente práctico, xerando un repertorio novo que se estrea dentro do programa do propio Festival de Ortigueira, devolvendo á comunidade un novo patrimonio.
Ligazóns: Artigo da RAG / Reportaxe en PRAZA.GAL / Artigo en Diario de Ferrol
Investigación Etnográfica Transmedia
O exemplo de «Bóveda» e as Novas Narrativas
En colaboración coa Editorial Canela de Pablo Quintana, desenvolvo unha liña de traballo que hibrida a fotografía documental, a antropoloxía visual, o audiovisual e a produción musical.
Publicación: «Bóveda, A memoria no lugar» (Nov. 2024): Esta obra materializa a investigación cultural realizada nunha residencia artística na Casa da Memoria de Bóveda. Álén do libro de etno-fotografía, inclúe material transmedia como códigos QR con rexistros sonoros e composicións musicais orixinais (como a «Xota de Bóveda»). O libro foi presentado no programa oficial do Festival de Fotografía da Coruña FFOCO.
Investigación en Curso (2025-2026): Actualmente, desenvolvo un novo marco de investigación antropolóxica en colaboración coa Editorial Canela, realizando investigación de campo e documentación etno-fotográfica por todo o territorio galego para xerar unha serie contemporánea sobre patrimonio inmaterial e identidade cultural.
Producción Audiovisual Asociada: Paralelamente, como parte do meu traballo de realizador audiovisual, levo anos producindo un acervo de recursos de valor cultural e artístico, acompañando e producindo contido con nomes como Fransy González, Teresa dos Cucos, Davide Salvado, Uxía, Ugia Pedreira ou Os Viqueiras de Ordes.
Ligazóns: Editorial Canela / Reseña no FFoco / Entrevista O Progreso de Lugo / Artigo en Nós Diario
Produción Audiovisual e Documental
O Testemuño Cultural Filmográfico
Paralelamente á investigación editorial, desenvolvo un labor de documentalista no que rexistro e poño en valor a creación musical e a historia viva da nosa cultura.
BASAL (2024): Como realizador, asumo a dirección de fotografía e montaxe do proxecto «BASAL» escrito e dirixido pola artista Ugia Pedreira. Trátase dun filme curto que explora o universo persoal da autora, a súa relación coa diversidade funcional e o territorio da Mariña Lucense.
Recoñecemento Internacional: A peza foi seleccionada na Sección Oficial do Barcelona Indie Filmmakers Fest (BARCiFF) en xuño de 2025, validando a calidade cinematográfica do traballo fóra de Galicia.
Enfoque: Unha narración íntima que mestura a antropoloxía visual coa vangarda musical.
ARREDOR DA RODA (2023), no que participei como director de fotografía e montaxe desta longametraxe documental, producida pola histórica institución Cántigas da Terra. O filme xira arredor da figura de Miro Casabella, pioneiro da Nova Canción Galega, e a súa relación coa zanfona en relación a Cántigas da Terra.
Impacto: O documental, apoiado polo Fondo Xacobeo da Xunta de Galicia, estreouse na Filmoteca de Galicia e serve como documento histórico sobre a recuperación e transmisión deste instrumento milenario.
Ligazóns: BASAL en Nós Diario / «Arredor da Roda» na Filmoteca de Galicia