A Xota de Bóveda é unha canción inspirada nos relatos recollidos no libro «Bóveda a memoria no lugar«. (Ed. Canela 2024). As cantigas e a melodía foron creadas en Bóveda, Lugo, no verán de 2023, logo de ter recollido algunhas historias e mitos das aldeas do concello falando cos maiores da zona.
O arranxo musical é de Pablo Hernández Mejías -cuatrista e compositor de folclore de Puerto Rico-, a partires da composición orixinal. A peza gravouse coa participación do propio Pablo Hernández na interpretación da guitarra e o cuatro, Cibrán Seixo no violín, David Aburto no baixo e eu mesmo nas percusións e a voz. Foi gravada en Estudos Abrigueiro en Setembro de 2024 e contou coa colaboración de Ugia Pedreira na produción e adaptación artística.
Dispoñible en todas as plataformas: https://ditto.fm/xota-de-boveda