FARÒU /MUIÑEIRA DO PORTO

A Muiñeira do Porto é unha peza única que combina os ritmos do pandeiro galego con patróns interpretativos e rítmicos propios do caribe, e que arroupa a nova lírica de estilo tradicional coa sonoridade do Jazz contemporáneo de latinoamérica, nunha viaxe creativa de ida e volta emprendida entre dous creadores e amigos, unidos entre outras cousas polo amor ás tradición e folclores propios e alleos.

Esta composición orixinal foi arranxada por Pablo Hernández Mejías, e conta coa colaboración musical inestimable de Jorge Luis Parra no toque arrebatador do contrabaixo, de Daniel Uresti cun piano e teclas vibrantes e tamén coa intervención especial de músicos e amigos prezados como Bieito Romero e Amanda Villamar nas flautas traveseras, Antía Romero no violín e Samuel Mosquera no tamboril, interpretando o corte potente da música de foliada. A canción foi gravada entre Estudos Abrigueiro en Friol e Montealto, na Coruña, e mezclado e masterizado con Kaze Maik. A todos eles e elas debemos a materialización desta canción.

A obra foi presentada en exclusiva en decembro da man dunha obra gráfica editada artesanalmente en colaboración con Sandra de Rego de Amoroteu, previamente a ser liberada en todas as plataformas musicais, co gallo de poñer en valor a creación autoral e o esforzo dos músicos fronte ao modelo de escasa retribución das mesmas. Podes adquirila aquí.

Dispoñible en todas as plataformas: https://ditto.fm/muineira-do-porto

Sigue o meu proxecto musical FARÓU en Instagram e Youtube, e escoita outras creacións musicais orixinais.