EDICIÓNS

Pandeireteiro - Arte e Cultura Galega

O Pandeireteiro / Muiñeira do Porto (Sinxelo. 2025)

O «Pandeireteiro» é a obra gráfica creada para presentar oficialmente a Muiñeira do Porto, unha composición musical de estilo tradicional galega e jazz do proxecto Faróu e que conta cos arranxos do músico portorriqueño Pablo Hernández Mejías.

Esta peza -parte da serie Foliada– é unha edición limitada, numerada e asinada, estampada artesanalmente con tintas ecolóxicas en papel de 300gr.

Prezo: 25€

Adquirir


Bóveda, a memoria no lugar - Creación Galega

Bóveda, a memoria no lugar (Ed. Canela, 2024)

«Bóveda, a memoria no lugar» é un libro que celebra a riqueza da cultura galega mediante imaxes e historias recollidas en conversas coa veciñanza das aldeas do Concello de Bóveda (Lugo) no verán de 2023. Un libro foto-etnográfico, de temática universal galega e que contén acceso a material sonoro e musical único, mediante códigos QR.

+ Info.

Prezo: 19,50€

Adquirir


Deuses, paisaxe - Arte e Cultura Galega

Deuses. Paisaxe Galega (Colección. 2023)

Fotografía de paisaxe de Galicia en branco e negro. Esta serie recolle imaxes dalgunhas das paisaxes máis interesantes de Galicia, co ollar posta no simbolismo agochado dentro das formas naturais.

Impresión Fine Art en Glicee sobre Photo Rag Barita.

Ver Catálogo / Adquirir