LUS’ Paisaxes das Culturas do Barbanza (Exposición. 2026)
Unha exposición de obra fotográfica que explora a paisaxe natural e cultural do Barbanza desde unha perspectiva visual, poética e etnográfica, na que cada imaxe agocha un valor simbólico único.
Proxecto realizado en colaboración coa Fundación Alcalde Varela.
En exposición até o 23 de outubro en Stimmug Stories, Boiro.

O Pandeireteiro / Muiñeira do Porto (Sinxelo. 2025)
O «Pandeireteiro» é a obra gráfica creada para presentar oficialmente a Muiñeira do Porto, unha composición musical de estilo tradicional galega e jazz do proxecto Faróu e que conta cos arranxos do músico portorriqueño Pablo Hernández Mejías.
Esta peza -parte da serie Foliada– é unha edición limitada, numerada e asinada, estampada artesanalmente con tintas ecolóxicas en papel de 300gr.
Prezo: 25€
Adquirir

Bóveda, a memoria no lugar (Ed. Canela, 2024)
«Bóveda, a memoria no lugar» é un libro que celebra a riqueza da cultura galega mediante imaxes e historias recollidas en conversas coa veciñanza das aldeas do Concello de Bóveda (Lugo) no verán de 2023. Un libro foto-etnográfico, de temática universal galega e que contén acceso a material sonoro e musical único, mediante códigos QR.
Prezo: 19,50€

Deuses. Paisaxe Galega (Colección. 2023)
Fotografía de paisaxe de Galicia en branco e negro. Esta serie recolle imaxes dalgunhas das paisaxes máis interesantes de Galicia, co ollar posta no simbolismo agochado dentro das formas naturais.
Impresión Fine Art en Glicee sobre Photo Rag Barita.
