FARÒU /XOTA DE BÓVEDA

Peza inspirada a partires da miña obra foto-etnográfica: «Bóveda a memoria no lugar«. (Ed. Canela 2024). As cantigas e a melodía foron creadas en Bóveda, Lugo, no verán de 2023, logo de ter recollido as historias e mitos das aldeas do concello.

O arranxo musical é de Pablo Hernández Mejías, cuatrista e compositor do folclore portorriqueño, a partires da composición orixinal, e gravouse coa participación do propio Pablo Hernández na interpretación da guitarra e o cuatro, Cibrán Seixo no violín, David Aburto no baixo e Óscar Górriz nas percusións e a voz. Foi gravada en Estudos Abrigueiro en Setembro de 2024 e contou coa colaboración de Ugia Pedreira na produción e adaptación artística.

© da composición e as cántigas – Óscar Górriz © do arranxo musical – Pablo Hernández Mejías.

Dispoñible en todas as plataformas: https://ditto.fm/xota-de-boveda

error: Content is protected !!