Óscar Górriz | Autor Especializado en Arte e Cultura de Galicia
  • Inicio
  • EDITORIAL
    • BÓVEDA, A MEMORIA NO LUGAR
  • FOTOGRAFÍA
    • ARQUIVO – CAMPANHÂ. PT
    • DEUSES – PAISAXE GALEGA
    • RECORTES DO PORTO
  • MÚSICA
    • LAB DE CÁNTIGAS NOVAS
    • FARÒU
      • XOTA DE BÓVEDA
  • FILMES
    • ARREDOR DA RODA, DE CÁNTIGAS DA TERRA A MIRO CASABELLA
    • OUSC – Bottesini – Concerto en Si menor
    • BERENIK, FEAT. KATHARINA RONJA
  • OLLAR
  • CONTACTO
  • REDES
    • YOUTUBE
    • INSTAGRAM
    • BEHANCE

Fotografía Documental

ARQUIVO – CAMPANHÂ. PT

A miña investigación en Campanhã, nace dunha conexión íntima coa cidade do Porto. Para min, é máis que unha cidade: é o lugar onde Galicia e Portugal se atopan. Se Galicia tivese unha capital fóra das súas fronteiras, esa sería O Porto. Esta cidade-ponte sobre o Douro simboliza para min a transición socio-cultural entre o norte galego e Portugal.

Durante a miña andaina como activista nos anos previos a 2018, comecei a explorar fotográficamente esta mestura de pasado e futuro, de tradición e transformación. Foi así como nese ano, desde o entorno dos movementos sociais locais, o espazo SEDE convidoume a realizar unha residencia de investigación documental na freguesía de Campanhã, a que é a grande exterioridade de Porto, unha zona en plena mutación. Nese contexto, procurei rexistrar as diversas capas históricas e sociais que conforman a súa identidade e os visos de transformación no futuro.

Campanhã, situada no leste do Porto, é unha das freguesías (parroquias) máis antigas da cidade. Desde a idade media, foi tradicionalmente unha zona semi-rural, habitada por traballadores agrícolas e artesáns. Xa desde o S. XVII moitos galegos que viñan a traballar, atoparon no Porto e Campanhã un lugar de asentamento, grazas á proximidade cultural e lingüística. Coa chegada do ferrocarril no século XIX, transformouse nun centro industrial clave, atraendo tamén a moitos obreiros. Esta migración galega consolidou unha relación transfronteiriza que segue viva hoxe, coa Estación de Campanhã como punto de conexión clave entre Galicia e a grande urbe.

A miña estadía en Campanhã culminou nun documento con fotografías que rexistran un momento de cambio, onde o pasado aínda está presente nas rúas e nos espazos, pero onde o futuro é incerto. Este traballo é unha reflexión visual sobre as identidades de Campanhã, e sobre a súa loita por manterse ou transformarse, nun mundo onde a modernización ameaza con alterar o carácter que a define.

Ano

2018

Promotor

Centro Sede, Oporto. PT

Medios

Fotografía Analóxica de 35mm e medio formato
  • Inicio
  • EDITORIAL
    • BÓVEDA, A MEMORIA NO LUGAR
  • FOTOGRAFÍA
    • ARQUIVO – CAMPANHÂ. PT
    • DEUSES – PAISAXE GALEGA
    • RECORTES DO PORTO
  • MÚSICA
    • LAB DE CÁNTIGAS NOVAS
    • FARÒU
      • XOTA DE BÓVEDA
  • FILMES
    • ARREDOR DA RODA, DE CÁNTIGAS DA TERRA A MIRO CASABELLA
    • OUSC – Bottesini – Concerto en Si menor
    • BERENIK, FEAT. KATHARINA RONJA
  • OLLAR
  • CONTACTO
  • REDES
    • YOUTUBE
    • INSTAGRAM
    • BEHANCE
© ÓSCAR GÓRRIZ
Use arrows for navigation
Gestionar el consentimiento de las cookies
Utilizo Cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento me permite ofrecerte el servicio integrado y obtener estadísticas. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}