Óscar Górriz | Identidade, Legado e Cultura Visual
  • CAPA
  • PROXECTOS
    • INVESTIGACIÓN E CREACIÓN
    • FOTO-ETNOGRAFÍA
      • BÓVEDA, A MEMORIA NO LUGAR
      • ARQUIVO – CAMPANHÂ. PT
      • DEUSES – PAISAXE GALEGA
    • CÁNTIGAS NOVAS
      • FARÒU & PABLO HERNÁNDEZ MEJÍAS
        • MUIÑEIRA DO PORTO
        • XOTA DE BÓVEDA
      • LABORATORIO DE CÁNTIGAS NOVAS DE ORTIGUEIRA
    • AUDIOVISUAL
      • ARREDOR DA RODA, DE CÁNTIGAS DA TERRA A MIRO CASABELLA
      • REEL
  • EDICIÓNS
  • O AUTOR
  • CONTACTO

VEAS DA TERRA

As Veas da Terra é unha peza audiovisual, froito da colaboración entre a Cátedra Emalcsa-UDC e o Festival Mar de Mares 2020. Esta colaboración desenvolveuse baixo a vontade de poñer en valor a auga, e a sua relacion co territorio, como ben común, como ben por coñecer, amar e preservar. O ciclo da auga é parte do ciclo da vida, un pulso que vai ligado á nosa idiosincrasia e costumes. O noso territorio está irrigado por ese fluir vital e tamén, na nosa comarca, as infraestuturas de abastecemento están imbricadas co medio natural e son patrimonio material noso e historia da a nosa cidade, A Coruña e a súa contorna. Como resposta a esta chamada da Cátedra Emalcsa-UDC, produciuse a peza “As Veas da Terra”, un poema audiovisual escrito e dirixido por Óscar Górriz, fotógrafo e realizador coruñés, quen crea un discurso simbólico necesario sobre a preservación, sobre os usos, as persoas e o que é cercano e real: dende os regatos e os ríos ata o mar, onde o medio conta esta historia: que a auga é un recurso de todos e todas, e a nosa colaboración é precisa para ter un ben de máxima calidade, un medio san e un territorio e ecosistema sustentables e rendibles. Esta peza percorre con grande beleza visual e un ambiente sonoro envolvente a conca hidrográfica que nutre de auga potable a varios concellos da comarca coruñesa, dende o nacemento dos ríos Mero e Barcés, pasando por lugares tan singulares como os muiños de Batán e Peiraio, O encoro de Cecebre, a ría do Burgo, ate chegar ao océano atlántico, que baña a cidade da Coruña. Este proxecto de promoción e visibilzación da auga no seu contexto territorial, como ben común esencial para a vida, forma parte do traballo de I+D+i que están a desenvolver Emalcsa xunto coa UDC na Cátedra que leva o seu nome. A conexión co Festival Mar de Mares é unha simbiose necesaria, pois remata de trazar o percurso do ciclo da vida que comeza nos nosos montes e acaba nos océanos, coas implicacións ineludibles que conleva respecto á preservación do patrimonio natural de todos e todas, da súa calidade, sustentabilidade e a necesidade de eficiencia, racionalidade e visión integrada na súa xestión.

Escrito, dirixido e realizado por Óscar Górriz.

Productora: Festival Mar de Mares.
Cliente: Cátedra Emalcsa-UDC.
Estrea: Setembro de 2020, Sala IMAX, Domus. A Coruña.

Producido por Ricardo Vázquez, Óscar Górriz e o Festival Mar de Mares.
Técnicos de Cámara e Drone por VdeVideo e Aeromedia.
Son por Kaze Maik de Somda Audiovisual.
Voz de Cristina Picos.
Elenco, por orde de aparición: Pepe de Ferreiros, Ana Mesejo, Ulises Górriz, Lucía Mejía, Jose Luis Cereijo, Miguel Herbón, Henrique Suárez, Teresa Silvosa.

  • CAPA
  • PROXECTOS
    • INVESTIGACIÓN E CREACIÓN
    • FOTO-ETNOGRAFÍA
      • BÓVEDA, A MEMORIA NO LUGAR
      • ARQUIVO – CAMPANHÂ. PT
      • DEUSES – PAISAXE GALEGA
    • CÁNTIGAS NOVAS
      • FARÒU & PABLO HERNÁNDEZ MEJÍAS
        • MUIÑEIRA DO PORTO
        • XOTA DE BÓVEDA
      • LABORATORIO DE CÁNTIGAS NOVAS DE ORTIGUEIRA
    • AUDIOVISUAL
      • ARREDOR DA RODA, DE CÁNTIGAS DA TERRA A MIRO CASABELLA
      • REEL
  • EDICIÓNS
  • O AUTOR
  • CONTACTO
© ÓSCAR GÓRRIZ
Use arrows for navigation
Gestionar el consentimiento de las cookies
Utilizo Cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento me permite ofrecerte el servicio integrado y obtener estadísticas. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}