Óscar Górriz | Identidade, Legado e Cultura Visual
  • CAPA
  • PROXECTOS
    • FOTO-ETNOGRAFÍA
      • ARQUIVO – CAMPANHÂ. PT
      • BÓVEDA, A MEMORIA NO LUGAR
      • DEUSES – PAISAXE GALEGA
    • CÁNTIGAS NOVAS
      • FARÒU & PABLO HERNÁNDEZ MEJÍAS
        • MUIÑEIRA DO PORTO
        • XOTA DE BÓVEDA
      • LABORATORIO DE CÁNTIGAS NOVAS DE ORTIGUEIRA
  • EDICIÓNS
  • REEL
  • O AUTOR
  • CONTACTO

Editorial: Fotografía, Etnografía, Música

BÓVEDA, A MEMORIA NO LUGAR

‘Bóveda, a memoria no lugar’ é unha obra que celebra a riqueza da cultura galega mediante material etnográfico, fotográfico e musical producido durante unha estancia artística na Casa da Memoria no Concello de Bóveda (Lugo).

A través de entrevistas, fotografías analóxicas e gravacións de audio, o autor mergúllase nas lembranzas das xentes das aldeas do concello de Bóveda, recollendo relatos de vida, costumes, mitos e lendas. A partir deste material prodúcese unha creación musical, compoñendo cántigas novas de estilo tradicional, para realizar unha aportación á música popular, desde unha rexión onde os cantares de transmisión oral esmoreceran antes da chegada das novas xeracións de recolledores/as de finais do século XX.

Este libro subliña a relevancia de conservar vivas as tradicións orais na era da Intelixencia Artificial, garantindo que o noso relato histórico colectivo permaneza accesible tanto en formato online como impreso. O proxecto é unha homenaxe ao patrimonio de Bóveda e de Galicia, un testemuño valioso que busca transmitir estas historias e saberes ás futuras xeracións, preservando así a esencia da nosa herdanza.

Esta publicación contén acceso mediante códigos QR a sons ambiente, conversas gravadas e músicas creadas polo autor, co fin de enriquecer e complementar a experiencia do lector.

Adquirir unha copia

Tamén pódese adquirir online, na Web de Editorial Canela ou en librerías.

  • CAPA
  • PROXECTOS
    • FOTO-ETNOGRAFÍA
      • ARQUIVO – CAMPANHÂ. PT
      • BÓVEDA, A MEMORIA NO LUGAR
      • DEUSES – PAISAXE GALEGA
    • CÁNTIGAS NOVAS
      • FARÒU & PABLO HERNÁNDEZ MEJÍAS
        • MUIÑEIRA DO PORTO
        • XOTA DE BÓVEDA
      • LABORATORIO DE CÁNTIGAS NOVAS DE ORTIGUEIRA
  • EDICIÓNS
  • REEL
  • O AUTOR
  • CONTACTO
© ÓSCAR GÓRRIZ
Use arrows for navigation