Basal é un docudisco que retrata a vida da cantautora Ugía Pedreira, coñecida como A Pedreira, xunto coa súa filla Lua Awel, que ten parálise cerebral e unha relación «curiosa, espléndida e exquisita» coa música. A narración abrangue desde as sesións de Feldenkrais en Donostia ata a participación de Lua na gravación do álbum titulado tamén Basal.
O docudisco convídanos a unha viaxe sonora a través das cancións da artista, percorrendo a casa familiar paterna e o canto da súa nai, Isabel, unha cantora tradicional de quen herdou o «patrimonio musical galego» da súa comarca, A Mariña luguesa, coa súa arquitectura singular, xunto coa música do occidente asturiano. Esta última é significativa porque Ugía e Lua forman parte da comunidade da Fundación Edes, un centro especial «tenro, coidadoso e exquisito» para a diversidade funcional, enmarcado na paisaxe cantábrica.
O relato conta con Cristina Pato en Nova York, quen reflexiona sobre a arte como un dereito, non un privilexio, e ambas salientan a necesidade de contar con actividades culturais accesibles para todos os públicos, con independencia das súas capacidades.
Basal é unha historia íntima, chea de tenrura e de poderosas paisaxes sonoras e visuais. Musicalmente, comeza cunha improvisación percusiva gravada nos estudos de Kaki Arkarazo en Donostia, cidade onde tamén conclúe o proxecto.
Productora: ABANO PRODUCIÓNS S.L., A Pedreira
Dirección: Ugía Pedreira
Guión: Ugía Pedreira
Producción: Chelo Loureiro
Dirección de Fotografía: Óscar Górriz
Montaxe: Óscar Górriz
Son: Óscar Górriz e Arturo Abrigueiro
Música: Ugía Pedreira (a Pedreira)
Lugar de rodaxe: Galicia, Asturias, Páis Vasco, Nueva York
Ano de producción: 2026
Xénero: Documental
Duración: 26 min.
Prensa:
Nós Diario — Música e coidados: Ugia Pedreira e a revolución do esencial
G24 (CRTVG) — A compositora Ugía Pedreira percorre o país co seu primeiro documental, ‘Basal’