A obra que se presenta nesta edición é resultado da exploración que realicei na comarca do Barbanza durante os meses de maio e xuño de 2026, como parte dun proxecto de colaboración coa Fundación Alcalde Varela.
A paisaxe galega é unha simbiose de natureza e cultura. A miña especialización en procesos de recuperación da memoria colectiva e narrativas baseadas na orixe, aporta unha visión orgánica e integrada de ambas desde unha perspectiva visual e poética, complementada con contidos transmedia exclusivos que agasallo mediante un código QR privado adxunto a cada peza.
Nesta primeira aproximación ao Barbanza, capturei escenas esenciais do cotiá nas localidades mariñeiras, recursos comúns das comunidades de montes e costa, así como elementos simbólicos, naturais e funcionais senlleiros da vida das rías galegas.
A Fundación Alcalde Varela, desde o seu compromiso coas artes e o seu arraigo ao territorio, promove colaboracións artísticas que continúan co espírito familiar de mecenado e promoción de artistas galegos. LUS’ Paisaxes das Culturas do Barbanza, presentada en Xullo de 2026 en Stimmug Stories, como unha maneira de observar e de estar no mundo: un diálogo honesto entre arte, territorio e comunidade.