O AUTOR

A miña traxectoria nace dunha sensibilidade esculpida no tempo, dunha pronta necesidade de capturar o emocional e o espiritual do mundo.

Formeime como artista a cabalo entre A Coruña, Barcelona, Sevilla, Londres e Porto. Unha itinerancia vital que me permitiu construír unha visión ampla antes de establecerme. Esa distancia coa miña orixe foi necesaria tamén para tomar verdadeira conciencia do propio: ao voltar comprendín que Galicia non é só o meu lugar, senón un dos territorios culturalmente máis ricos e afortunados do mundo.

Polos nosos montes aprendín a compoñer; entre a nosa xente, a escoitar de verdade. Percorrendo cidades, vilas e aldeas, aprendendo as nosas artes, o noso baile, os nosos cantares, entendín a dimensión do valor de termos unha historia común. Hoxe, o meu traballo é o punto de confluencia entre esa vivencia, técnica e visións. Non busco imaxes, busco verdades. Polo camiño, descubrín que hai Deuses agochados por entre as rochas, nos camiños, nas ondas batendo á beira do mar, na nosa memoria oral. É a miña labor atopalos.

Entendo a colaboración como un acto de lealdade. Gústame traballar con quen sente paixón polo seu, porque esa ilusión xera en min certeza e rigor. Baixo esas circunstancias, constrúo contidos que non só documentan, senón que teñen poder simbólico; un pedaciño do universal que habita en todo.»

Óscar Górriz.