Investigación e Creación

Da Memoria á Vangarda: Investigación e Creación Cultural

O meu traballo recente céntrase en superar o paradigma da conservación para situar a tradición no punto de partida da creación contemporánea. A través da dirección de laboratorios artísticos e a producción editorial, exploro cómo o patrimonio inmaterial pode resignificarse para responder ás necesidades expresivas dunha sociedade que procura as súas raices, utilizando tanto metodoloxía etnográfica clásica como novos formatos transmedia.

Innovación Autoral

O Laboratorio de Cántigas Novas

Desde 2024 codirixo xunto á compositora Ugia Pedreira o Laboratorio de Cántigas Novas, un espazo de investigación artística integrado no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Este proxecto non é un obradoiro de repetición da música tradicional, senón unha aula de creación autoral. A súa tese central é que a música de tradición oral debe seguir evolucionando. Traballamos para dotar os creadores e creadoras de ferramentas que lles permitan compoñer novas obras (letras e melodías) que, respectando a raíz, dialoguen coa contemporaneidade e outras estéticas globais.

Fitos do Proxecto:

Consolidación Académica: Tras o programa piloto de 2024, en 2025 e 2026 o Laboratorio establécese como un curso de especialización de 5 meses (marzo-xullo), combinando aulas creativas, exploración etnográfica e mestrías con referentes como Manolo Rico, Ramón Pinheiro, Mondra, Quique Peón, Dores Tembrás, Sergio de la Ossa, Pedro Pascual ou Alejandro Vargas.

Recoñecemento Institucional: O proxecto foi presentado oficialmente en 2025 no Museo do Pobo Galego, co apoio da Real Academia Galega (RAG) e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, situándose como un referente na innovación da música de raíz en Galicia.

Produción Artística: O resultado é esencialmente práctico, xerando un repertorio novo que se estrea dentro do programa do propio Festival de Ortigueira, devolvendo á comunidade un novo patrimonio.

Ligazóns: Artigo da RAG / Reportaxe en PRAZA.GAL / Artigo de QUINCEMIL

Investigación Etnográfica Transmedia

O exemplo de «Bóveda» e as Novas Narrativas

En colaboración coa Editorial Canela de Pablo Quintana, desenvolvo unha liña de traballo que hibrida a fotografía documental, a antropoloxía visual, o audiovisual e a produción musical.

Publicación: «Bóveda, A memoria no lugar» (Nov. 2024): Esta obra materializa a investigación cultural realizada nunha residencia artística na Casa da Memoria de Bóveda. Álén do libro de etno-fotografía, inclúe material transmedia como códigos QR con rexistros sonoros e composicións musicais orixinais (como a «Xota de Bóveda»). O libro foi presentado no programa oficial do Festival de Fotografía da Coruña FFOCO.

Investigación en Curso (2025-2026): Actualmente, desenvolvo un novo marco de investigación antropolóxica en colaboración coa Editorial Canela, realizando investigación de campo e documentación etno-fotográfica por todo o territorio galego para xerar unha serie contemporánea sobre patrimonio inmaterial e identidade cultural.

Producción Audiovisual Recente: Como parte do meu traballo de realizador audiovisual, levo anos producindo un acervo de recursos de valor cultural e artístico, acompañando a nomes como Fransy González, Teresa dos Cucos, Davide Salvado, Uxía.

Ligazóns: Editorial Canela / Reseña no FFoco / Entrevista O Progreso de Lugo / Artigo en Nós Diario

Narrativa Audiovisual e Documental

O Audiovisual como Testemuño Cultural

Paralelamente á investigación editorial, desenvolvo un labor de documentación audiovisual que busca rexistrar e poñer en valor a creación musical e a historia viva da nosa cultura.

Dirección do «Docu-disco» BASAL (2024-2025): Como realizador, asumo a dirección visual do proxecto «BASAL» da artista Ugia Pedreira. Non se trata dunha colección de videoclips, senón dun filme curto que explora o universo creativo da autora, a súa relación coa diversidade funcional e o territorio da Mariña Lucense.

Recoñecemento Internacional: A peza foi seleccionada na Sección Oficial do Barcelona Indie Filmmakers Fest (BARCiFF) en xuño de 2025, validando a calidade cinematográfica do traballo fóra de Galicia.

Enfoque: Unha narración íntima que mestura a antropoloxía visual coa vangarda musical.

Dirección de Fotografía: «Arredor da Roda» con Miro Casabella: Fun o responsable da dirección de fotografía da longametraxe documental Arredor da Roda, producida pola histórica institución Cántigas da Terra.

A obra: O filme xira arredor da figura de Miro Casabella, pioneiro da Nova Canción Galega, e a súa relación coa zanfona en relación a Cántigas da Terra.

Impacto: O documental, apoiado polo Fondo Xacobeo da Xunta de Galicia, estreouse na Filmoteca de Galicia e serve como documento histórico sobre a recuperación e transmisión deste instrumento milenario.

Ligazóns: BASAL en Nós Diario / «Arredor da Roda» na Filmoteca de Galicia