Óscar Górriz | Creación Galega.
A fotografía, o cine documental, a música tradicional, o campo editorial etnográfico e a obra gráfica contemporánea son actualmente as áreas nas que desenvolvo traballo de creación e investigación, entre tradición e innovación.
CATÁLOGO 2025/26

O Pandeireteiro / Muiñeira do Porto (Sinxelo. 2025)
O «Pandeireteiro» é a obra gráfica creada para presentar oficialmente o novo sinxelo «Muiñeira do Porto«, unha composición musical de estilo tradicional galega e jazz do proxecto FARÓU e que conta cos arranxos do músico portorriqueño Pablo Hernández Mejías.
Esta creación, a primeira da nova serie limitada Foliada, vai estampada artesanalmente con tintas ecolóxicas en papel A3 de 300gr. Cada copia está numerada e asinada. Inclúe un código QR impreso no reverso da lámina, a través do cal pódese acceder en primicia á obra musical.
Prezo: 25€
Adquirir

Bóveda, a memoria no lugar (Ed. Canela, 2024)
«Bóveda, a memoria no lugar» (Editorial Canela, 2024) é un libro que celebra a riqueza da cultura galega mediante imaxes e historias recollidas en conversas coa veciñanza das aldeas do Concello de Bóveda (Lugo) no verán de 2023. Un libro foto-etnográfico, de temática universal galega e que contén acceso a material sonoro e musical único, mediante códigos QR. + Info.
Prezo: 19,50€
Adquirir

Deuses. Paisaxe Galega (Colección. 2023)
Fotografía de paisaxe de Galicia en branco e negro. Esta serie recolle imaxes dalgunhas das paisaxes máis interesantes de Galicia, co ollar posta no simbolismo agochado dentro das formas naturais.
Impresión Fine Art en Glicee sobre Photo Rag Barita.